Tradición e innovación

Somos un grupo empresarial ourensán co corazón posto na alimentación e a alma na castaña.

Traballamos para
facerlle a vida máis fácil ás persoas

Desenvolvemos un modelo de innovación orientado a dar servizos útiles.
Apostamos por un crecemento sustentable e de valor.
Buscamos a optimización de toda a nosa actividade, conservando sempre a excelencia no servizo.

Lonxe queda aquel pequeno almacén de ultramarinos de 1867 aínda que o espírito segue sendo o mesmo. O que nos fixo ser o que somos hoxe e o que queremos ser mañá.

Máis sobre quen somos

E quen somos?

Iniciamos o noso camiño hai tres séculos e da man de catro xeracións da familia De las Cuevas. Na actualidade operamos destacadamente en tres sectores: distribución alimentaria, industria agroalimentaria e automoción.

Grupo Cuevas
Cuevas Horeca|Cash
Me gusta ir al super
Marron Glacé
Frunatur
Tomóvil

Unha vida de máis 150 años

Novos e centenarios

En 2017 alcanzamos a máxica cifra de 150 anos. Queriamos celebrar estes aniversarios tan especiais preto das persoas, como foi sempre, e compartir con elas diferentes accións vinculadas ao ámbito cultural, deportivo, social e comercial. Queres saber como o fixemos? Na web do noso 150 aniversario tes todos os detalles.

Ver vídeo