Política de privacidade de Ignacio de las Cuevas

A túa privacidade é importante para nós. Recomendámosche que dediques uns minutos para ler, comprender e, se é o caso, aceptar a nosa política de privacidade.

1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?

IGNACIO DE LAS CUEVAS S.A.
Rúa dos Teceláns, 5
32001 Ourense
protecciondatos@grupocuevas.com
Tfno: 988 211 013

2. Que datos teus tratamos, con que finalidade e durante canto tempo os conservamos?

Tratamos os datos que ti nos facilitaches –xa sexa a través de formularios en papel, a través das nosas webs ou apps ou a través do correo electrónico– ao realizar unha ou varias das seguintes accións:

a) Cando cobres formularios para participar en sorteos, concursos ou outras promocións que organizamos: nome e apelidos, DNI, data nacemento, xénero, teléfono fixo, teléfono móbil, enderezo de correo electrónico, localidade e provincia de residencia.

Finalidade: poder xestionar a túa participación no sorteo, concurso ou outras promocións, e segundo quede especificado nas correspondentes bases legais.

Conservación: gardaremos os teus datos mentres non solicites expresamente a súa supresión. Neste caso, suprimiranse con as medidas de seguridade adecuadas.

b) Cando nos dás o teu consentimento para a gravación de imaxes/sons con ocasión de sorteos, concursos, ou outras promocións, así como cando participas en visitas ás nosas instalacións: nome e apelidos, DNI, imaxe (fotografía e/ou vídeo), audio, data nacemento, teléfono fixo, teléfono móbil, enderezo de correo electrónico e sinatura.

Finalidade:

  • A publicación das imaxes/audios na intranet privada da empresa
  • A publicación das imaxes/audios en redes sociais do Grupo Cuevas e marcas asociadas
  • A publicación das imaxes/audios nunha posible revista, blog ou outro material/soporte corporativo
  • A comunicación das imaxes/audios a medios de comunicación.

Conservación: gardaremos os teus datos mentres non solicites expresamente a súa supresión. Neste caso, suprimiranse coas medidas de seguridade adecuadas.

c) Cando solicitas a tarxeta do Programa de fidelización de Grupo Cuevas: nome e apelidos, DNI, data nacemento, xénero, nacionalidade, nivel de estudos, teléfono fixo, teléfono móbil, enderezo postal, enderezo de correo electrónico, número de membros da unidade familiar, número de fillos/as, hábitos de lectura, presenza de animais de compañía no fogar e sinatura.

Se ademais es beneficiario da Campaña Bebé, gardaremos tamén os seguintes datos: copia do libro de familia e data de nacemento do bebé que acaba de nacer.

Finalidade: recibir información sobre promocións e lanzamentos e poder beneficiarte de vantaxes especiais como cliente fidelizado. Neste sentido, poderanse elaborar perfís para ofrecerche produtos que poidan interesarche e non outros.

Conservación: os datos proporcionados conservaranse mentres non nos solicites a túa baixa como cliente beneficiario da tarxeta do Programa de fidelización de Grupo Cuevas.

d) Cando solicitas o servizo a domicilio ao comprar nos nosos puntos de venda: nome e apelidos, teléfono fixo, teléfono móbil e enderezo postal.

Finalidade: poder prestarche o servizo solicitado.

Conservación: gardaremos os teus datos mentres non solicites expresamente a súa supresión. Neste caso, suprimiranse coas medidas de seguridade adecuadas.

e) Cando solicitas recibir a nosa newsletter, notificacións “Push”, notificacións “Mail”, notificacións “sms” ou calquera outra notificación sobre os nosos produtos, servizos e actividades: nome e apelidos, data nacemento, teléfono móbil, enderezo de correo electrónico, localidade, provincia de residencia e sinatura.

Finalidade: poder informarte sobre noticias, produtos e servizos das nosas marcas, incluídas as das empresas pertencentes ao Grupo Cuevas, así como recibir alertas sobre oportunidades e promocións non comprendidas no noso Programa de fidelización.

Conservación: gardaremos os teus datos mentres non solicites a túa baixa como destinatario das comunicacións antes relacionadas.

f) Cando che pedimos a túa opinión sobre Ignacio de las Cuevas S.A. en xeral ou sobre algún produto ou servizo en particular: data de nacemento, enderezo de correo electrónico, localidade e provincia de residencia, así como as valoracións correspondentes.

Finalidade: coñecer a opinión dos nosos clientes para mellorar a súa experiencia coa nosa empresa.

Por iso, nalgúns momentos poderemos pedirche que nos respondas a unha sinxela enquisa para coñecer cal é a túa percepción sobre nós.

Ten en conta que nos interesa coñecer a opinión dos nosos usuarios de forma estatística. Por iso, cando recibamos a túa opinión procederemos a pseudonimizala, é dicir, as túas respostas unicamente se atoparán asociadas a un código. Posteriormente, entregarémoslle a información pseudonimizada á entidade que nos axuda a realizar estes estudos para que poida analizala xunto ás opinións doutros clientes e poida elaborar un estudo estatístico sobre a imaxe e percepción que tedes sobre Ignacio de las Cuevas S.A.

Por suposto, non terás que darnos a túa opinión se non queres.

Conservación: o tempo necesario para emitir o informe final de resultados.

g) Cando nos facilitas o teu Curriculum Vitae cos datos que ti decides incluír.

Finalidade: poder formar parte da nosa base de datos “Candidatos”, valorar a túa adecuación a un posto de traballo ou tarefa, así como notificarche oportunidades de emprego nalgunha das empresas do Grupo Cuevas e participar en procesos de selección.

Conservación: gardaremos os teus datos mentres non solicites expresamente a súa supresión. En todo caso, de non acceder a ningún proceso de selección nun prazo de 18 meses desde a data en que recibimos o teu curriculum vitae, os teus datos serán igualmente suprimidos.

  1. Datos non proporcionados directamente por ti e que son resultado da aplicación de algoritmos (datos inferidos).

Son os datos resultantes da aplicación de algoritmos para analizar unha variedade de datos, tales como rexistros de compras co fin de perfilar as persoas, coñecer o interese dos nosos clientes por determinados produtos, os momentos de compra, gustos, histórico de compras, promocións consumidas etc.

Non se analizan, en ningún caso, medios de comunicación social dos nosos clientes. Todos os datos inferidos utilizados son datos referentes á súa actividade e interactuación con Ignacio de las Cuevas S.A.

3. Cal é a base legal que lexitima a Ignacio de las Cuevas, S.A. para tratar os teus datos?

a) Cando participas en sorteos, concursos ou outras promocións lexitímanos o feito de que cubrises a solicitude de participación. De non poder tratar estes datos, non poderías participar nestas accións.

b) Cando participas nalgunha gravación de imaxes/sons con ocasión de sorteos, concursos, ou outras promocións ou cando participas en visitas ás nosas instalacións, lexitímanos o feito de que nos deras o teu consentimento expreso e inequívoco.

c) Cando es beneficiario da tarxeta do Programa de fidelización de Grupo Cuevas lexitímanos a relación comercial que queda establecida entre as dúas partes cando firmas a solicitude da dita tarxeta e o teu consentimento expreso e inequívoco para comunicar os teus datos a terceiros. De non poder tratar e comunicar estes datos, non poderías ser beneficiario das vantaxes da dita tarxeta.

d) Cando solicitas o servizo a domicilio ao comprar nos nosos puntos de venda lexitímanos a relación comercial que queda establecida entre as dúas partes ao realizar a compra e solicitar o servizo. Doutro xeito, non poderiamos prestarche o servizo a domicilio.

e) Cando solicitas recibir a nosa newsletter, notificacións “Push”, notificacións “Mail”, notificacións “sms” ou calquera outra notificación sobre os nosos produtos, servizos e actividades lexitímanos o teu consentimento para recibir este tipo de notificacións.

f) Cando nos dás a túa opinión sobre Ignacio de las Cuevas S.A. en xeral ou sobre algún produto ou servizo en particular, lexitímanos o mero feito de que decidises realizar a enquisa pois ten carácter voluntario. En todo caso, lembrámosche que as túas respostas unicamente atoparanse asociadas a un código.

g) Cando nos facilitas o teu Curriculum Vitae cos datos que ti decides incluír, lexitímanos o feito de que voluntariamente expresas, coa súa entrega, que desexas participar en procesos de selección.

4. Quen é o destinatario dos teus datos?

Os datos que nos proporcionaches por algunha das vías que che explicamos anteriormente non se comunicarán a terceiros excepto nos seguintes casos:

  • Cando participas na gravación de imaxes/sons con ocasión de sorteos, concursos, ou outras promocións, así como en visitas ás nosas instalacións e déchesnos o consentimento expreso para comunicar os teus datos a medios de comunicación.
  • Cando es beneficiario da tarxeta do Programa de fidelización de Grupo Cuevas e déchesnos o consentimento expreso para comunicar os teus datos a terceiros para que realicen accións relacionadas con promocións e lanzamentos e poder así beneficiarte de vantaxes especiais como cliente fidelizado. No caso de que sexas beneficiario da Campaña Bebé, os datos facilitados a maiores (copia do libro de familia e data de nacemento do bebé que acaba de nacer) non serán comunicados a terceiros.
  • Cando es destinatario da nosa newsletter, notificacións “Push”, notificacións “Mail”, notificacións “sms” ou calquera outra notificación sobre os nosos produtos, servizos e actividades e déchesnos o consentimento para comunicar os teus datos a terceiros para que xestionen o seu envío.

En ningún outro caso se comunicarán os teus datos a terceiros, salvo precepto legal que nos obrigue a iso.

Esta política modificarase a medida que fose necesario comunicar datos teus a terceiros en casos distintos aos anteriores e a condición de que contemos previamente co teu consentimento expreso.

5. Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?

Ao relacionarte con nós, dispós dunha serie de dereitos para que poidas decidir e controlar en todo momento como utilizamos os teus datos persoais. Podes exercitar estes dereitos en calquera momento e de forma gratuíta. Poderás dirixirte a nós por calquera das seguintes vías:

IGNACIO DE LAS CUEVAS S.A.
Rúa dos Teceláns, 5
32001 Ourense
protecciondatos@grupocuevas.com

Para que poidamos atender a túa solicitude, necesitamos asegurarnos de que realmente es ti, polo que deberás facilitarnos copia do teu documento de identidade; tamén necesitaremos que nos indiques o dereito que desexas exercitar. Se a túa solicitude non reúne os requisitos anteriores, pedirémosche que a emendes.

En particular, dispós dos seguintes dereitos:

  • Dereito a solicitar o acceso aos teus datos persoais
  • Dereito a solicitar a súa rectificación
  • Dereito a solicitar a súa supresión
  • Dereito a solicitar a limitación do teu tratamento
  • Dereito a opoñerse ao tratamento
  • Dereito á portabilidade dos datos

En que consiste o dereito de acceso?

Podes solicitarnos que che indiquemos se estamos a utilizar ou non os teus datos persoais; no caso de que si os esteamos utilizando, tamén che trasladaremos información adicional como que datos persoais temos sobre ti, para que os estamos utilizando, as entidades coas que os compartimos, o período durante o que imos conservar os teus datos ou se estamos a realizar perfís, entre outras cuestións.

En que consiste o dereito de rectificación?

Podes pedirnos que modifiquemos algún dos datos persoais que temos sobre ti para que sexan exactos e estean actualizados. En todo caso, é aconsellable que manteñas actualizados en todo momento os datos que gardamos sobre ti.

En que consiste o dereito de supresión?

Podes solicitarnos que eliminemos os datos persoais que temos sobre ti cando xa non sexan necesarios para a finalidade para a que os utilizamos ou cando nos retires o teu consentimento, no caso de que só os tratemos para desenvolver finalidades baseadas neste.

En que consiste o dereito de limitación?

Podes pedirnos que restrinxamos temporalmente a utilización dos teus datos persoais

  1. cando consideres que os teus datos son inexactos, ata que os verifiquemos ou actualicemos
  2. cando xa non os necesitemos para levar a cabo as finalidades indicadas no apartado 2 anterior pero ti prefiras que os conservemos para que poidas exercitar ou defenderte ante reclamacións e
  3. cando te opoñas a que utilicemos os teus datos para algunha das finalidades recollidas no apartado 2 desta política de privacidade, mentres valoramos se o interese lexítimo que temos en Ignacio de las Cuevas S.A. prevalece sobre o teu dereito para opoñerte a que os utilicemos.

En que consiste o dereito de portabilidade?

Podes solicitarnos que che entreguemos directamente ou que lle entreguemos a outra entidade, sempre que sexa posible tecnicamente, un arquivo estruturado, de uso común e lexible por un sistema informático, que conteña os datos persoais dos que dispoñemos.

En que consiste o dereito de oposición?

Podes opoñerte a que utilicemos os teus datos para algunha das finalidades recollidas no apartado 2 desta política de privacidade. Queremos lembrarche especialmente que podes pedirnos que deixemos de analizar o teu perfil para enviarche comunicacións promocionais.

Ademais, podes presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente en materia de protección de datos: Axencia Española de Protección de Datos.

De igual modo, poderás retirar calquera consentimento que deses en calquera momento.

6. Actualizacións da nosa política de privacidade.

É posible que realicemos actualizacións da nosa política de privacidade cando sexa necesario. A última versión estará sempre dispoñible no noso sitio web.