Froitas e verduras
Da horta á túa mesa, listas para consumir!.
Referentes no sector dos vexetais frescos de Galicia
Aproveitando a sinerxía xerada pola liña de negocio de distribución alimentaria, poñemos en marcha, en 1995, Frunatur.
Esta compañía é a plataforma de vexetais frescos de Grupo Cuevas que, actualmente, representa unha das insignias referente do sector de froitas e verduras en Galicia.
Tecnoloxía avanzada de conservación
Cinco cámaras de almacenamento, con temperaturas e humidades individualizadas, permiten que os alimentos estean no mellor estado de conservación durante o breve período de tránsito que pasan en Frunatur.
Cítricos, verduras de tempada, froitas tropicais... cada un no seu espazo e ambiente adecuado.
O produto máis fresco chega ata ti
As tarefas de picking, envasado, pesado e clasificado de froitas e hortalizas realízase en zonas climatizadas que garanten que non se altere a cadea de frío durante todo o proceso de manipulado e distribución.
Desde a fase de recepción e almacenamento da materia prima ata a entrega aos clientes finais.