Castaña y Cuevas,
un binomio indivisible

O longo vínculo de Cuevas con este froito máxico e símbolo incuestionable do noso patrimonio cultural e gastronómico ten os seus inicios na década dos corenta, coa necesidade de exportar castaña fresca a América para atender a demanda dos galegos emigrantes do máis nostálxico dos froitos dos bosques galegos.

Ir a www.marronglace.com

Alma de bosque

Na década dos 80, e cun proxecto absolutamente innovador que supuxo un claro desafío aos criterios conservadores do mercado, Cuevas presentaba no noso país aquel produto descoñecido: o sorprendente Marron Glacé.

É na simbiose entre natureza e artesanía onde Cuevas atopa a súa condición de diferente, firme no seu empeño de manter viva unha testemuña culinaria tan cargada de historia. Un auténtico produto con “alma”.

Degustalo está ao teu alcance cun só clic.

Ir á tenda online

Un diamante protexido por los ourizos

Reinventando a castaña

A castaña vive hoxe un momento de esplendor. O redescubrimento deste froito por parte de cociñeiros de recoñecido prestixio, recuperan o uso dun alimento que constituíu, durante séculos, a base da alimentación de moitos fogares galegos.

Cuevas chef chega ao mercado neste momento cunha completa gama de produtos derivados da castaña que serven como complemento e acompañamento aos pratos. Purés, guarnicións, recheos e salsas que rompe os convencionalismos e fomenta a creatividade na cociña a partir da súa extraordinaria prestación e personalidade.

Ver produtos

Foro da castaña

Comprometidos co noso patrimonio gastronómico

O Foro da Castaña que iniciamos alá polo ano 2011, nacía coa vocación de propiciar unha cultura de integración e prestixio da castaña na actividade social e impulsar a presenza da castaña tamén na nosa vida cotiá.

Destacados personaxes públicos uníronse xenerosamente a este compromiso coa castaña, achegando a súa sensibilidade e as súas diferentes interpretacións deste froito.

Ir a sitio web