22/05/2024

RECIBIMOS A VISITA DE GRUPO LECHE RÍO

RECIBIMOS A VISITA DE GRUPO LECHE RÍO

Onte pola mañá, Grupo Cuevas recibiu a visita de Carmen Lence, CEO de Lence (Grupo Leite Río SA), acompañada de de Mariluz López Obermeier, responsable de mercado internacional, e Sergio Pedraza, director comercial do grupo. Por parte de Grupo Cuevas asistiu á cita Artur Yuste, director xeral, Carlos Costa, director comercial, e #Jose Luis Viqueira, do equipo de compras da empresa.

Estes dous grandes grupos empresariais galegos, con orixe fundacional familiar, teñen moitos puntos en común. Durante a visita, Carmen Lence, que preside unha das empresas con máis relevancia na industria láctea galega, expuxo a común vinculación que Grupo Leite Río SA ten co rural e o papel da muller no mesmo. Aínda que un dos temas máis destacados foi o reto da substitución xeracional nas ganderías, onde a idade media sitúase actualmente en 55 anos.

Grupo Cuevas comparte con Leite Río este compromiso conel rural e coa necesidade de ofrecer oportunidades de emprego neste ámbito, que permita facer crecer a poboación e, por tanto, a actividade e o desenvolvemento de todo o tecido produtivo vinculado ao mesmo.

Desde o noso grupo estamos moi agradecidos por esta enriquecedora visita e pola oportunidade de compartir experiencias e perspectivas que reforcen o noso compromiso mutuo co desenvolvemento rural e o sector lácteo galego.