28/06/2024

GRUPO CUEVAS SOBREPASA POR PRIMEIRA VEZ OS 200 MILLÓNS DE FACTURACIÓN

GRUPO CUEVAS SOBREPASA POR PRIMEIRA VEZ OS 200 MILLÓNS DE FACTURACIÓN

As dúas novas magnitudes recentemente conquistadas polo Grupo Cuevas son os 200 millóns de euros en facturación e os 800 empregos. En 2023, a compañía centenaria obtivo unha cifra de negocios récord de 206 millóns de euros, un 16,3% máis que no exercicio anterior (177,15 millóns en 2022), en plena execución dun modelo de crecemento que combina reforzo do core business e expansión territorial.