29/05/2024

FRUNATUR RECIBE A VISITA DOS PEQUENOS DO CEIP CARLOS CASARES

FRUNATUR RECIBE A VISITA DOS PEQUENOS DO CEIP CARLOS CASARES

Onte pola mañá os pequenos de 6º de educación infantil do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia visitaron a nova plataforma de Frunatur, no Polígono de San Cibrao das Viñas, Ourense.

Desde hai tempo realizamos visitas escolares como esta, na que promovemos a alimentación saudable entre os máis pequenos, ensinándolles de maneira divertida. Nesta ocasión, Marta Cid, directora de Marketing e Comunicación de Grupo Cuevas, foi a encargada de guialos por "o roteiro da froita”, na que tivo ocasión de explicarlles o percorrido do crecemento da froita e a verdura desde que nace na planta ata que chega a Frunatur, onde a descargamos, pesamos, clasificamos e almacenamos en cámaras refrixeradas segundo as súas necesidades de temperatura.

A través de diferentes actividades dinámicas, puideron aprender os nomes das froitas e mesmo se animaron a participar, por equipos, nun concurso de pesado de froita! Tamén houbo unha proba onde puxeron a proba o seu sentido do olfacto, e onde demostraron todas as súas habilidades. De feito, algúns sorprenderon aos seus compañeiros co seu coñecemento sobre froitas menos comúns como a granada, aínda que descubrimos que o xenxibre ou as espinacas... eran uns auténticos descoñecidos para eles.

E non hai visita que se prece se non se finaliza cunha boa merenda, así que en Frunatur tíñanlles preparado un pequeno agasallo, unhas mochilas con froita que lles fixo moita ilusión!