14/06/2024

DÁMOSLLE A BENVIDA AO SPAR EXPRESS AVDA. PASAXE

DÁMOSLLE A BENVIDA AO SPAR EXPRESS AVDA. PASAXE

A Coruña conta xa cun novo punto de venda Spar Express. Nesta ocasión, abre as portas na Avda. Pasaxe situadas nas inmediacións da bela cidade de cristal. Unha tenda de 120 metros cadrados que estará liderada por Tai e Rodrigo que, ademais de ser curmáns, son socios neste proxecto de emprendemento ao que acompañamos desde o primeiro minuto. Cun servizo de apertura de luns a domingo e un amplo horario de atención de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 24.00 horas, este equipo quere poñerse ao servizo do cliente para estar aí sempre que sexa necesario. A tenda conta cunha selección de produtos SPAR e tamén con frutería.