27/05/2024

ALUMNADO DE ACTIVIDADES AUXILIARES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA VISITAN GRUPO CUEVAS

ALUMNADO DE ACTIVIDADES AUXILIARES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA VISITAN GRUPO CUEVAS

A semana pasada, o alumnado da formación “Actividades auxiliares de xestión administrativa” realizou unha visita a Grupo Cuevas, organizada pola Confederación Empresarial de Ourense. Esta actividade forma parte do programa de Certificación de Profesionalidade de Actividades Comerciais, onde este grupo de alumnos consolidan a súa formación preexistente, á vez que exploran novas oportunidades laborais.

A encargada de darlles a benvida á nosa sede central foi Marta Cid, directora de Marketing e Comunicación de Grupo Cuevas, que ademais os acompañou nun breve percorrido a través dos máis de 150 anos de historia empresarial. Na súa visita, coñeceron os principais fitos e retos aos que se enfrontou unha das empresas centenarias de Galicia. Ademais, a visita pola nosa plataforma central deu pé a profundar un pouco máis no inxente labor administrativo e de xestión, que realizan os distintos equipos do grupo.