ABRIMOS UNHA NOVA SECCIÓN DE PESCADERÍA EN CUEVAS CASH SAN CIBRAO
En Grupo Cuevas seguimos reafirmando o noso compromiso cos produtos frescos e de calidade. Onte á primeira hora inauguramos unha nova sección de peixaría no noso centro Cuevas Cash do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, en Ourense. Este novo espazo, cheo de novas referencias na tenda, cubrirá as necesidades dos nosos clientes do canle HORECA, e de todas as familias da zona, así como aos centos de traballadores do polígono que confían en nós a súa compra diaria.
Esta nova sección completa a oferta de frescos da tenda, que xa dispoñía espazos destinados a charcutería, carnicería e frutería, cun gran número de referencias ao dispor de todos os nosos clientes. O obxectivo desta nova sección céntrase en brindar unha ampla selección de produtos do mar coidadosamente seleccionados, xa que sabemos que o acceso a produtos frescos de primeira calidade é fundamental para dar o servizo completo que tanto nos caracteriza. Con esta ampliación melloramos a nosa oferta de frescos na tenda.
Esperámosvos para gozar desta nova sección!