GRUPO CUEVAS CONSOLIDA A súa ESTRATEXIA DE CRECEMENTO NO RURAL COA APERTURA DE PLENUS CURTIS
A cadea Plenus Supermercados, pertencente a Grupo Cuevas conta, desde hoxe, cun novo supermercado en Curtis (A Coruña). Situado na rúa Pilar Pena, 25 desta localidade coruñesa, este supermercado convértese no punto de venda número 113 do grupo e no vixésimo situado na provincia da Coruña. (3 Cuevas Cash, 1 Aquié e 15 Spar Express).
Plenus Curtis xerou 15 postos de traballo directos e dará cobertura a unha zona na que residen unhas 12.500 persoas da comarca. Xunto a Curtis tamén alcanzará a área de Oza-Cesuras, Sobrado dos Monxes, Teixeiro, Ponte Carreira, Vilasantar, entro outros moitos núcleos do interior do rural coruñés.
Con esta apertura, Grupo Cuevas pasa o 55 mil metros cadrados de superficie total de venda (55.367 m2) baixo as insignias Plenus Supermercados (17 tendas), Aquié Supermercados (3 tendas), Spar Express (70 tendas) e Cuevas Cash (23 centros) situados en Galicia, Castela e León, Asturias e Cantabria.
Unha aposta decidida polo rural e a sustentabilidade
Situado no corazón da localidade, e cun investimento que se cifrou en torno ao millón de euros, contará coas seccións habituais de frescos (frutería, carnicería, peixaría e charcutería, todas elas con venda asistida) e unha desenvolvida zona de panadería. Unha vez máis, Grupo Cuevas consolida unha das súas liñas estratéxicas vinculadas ao crecemento e o desenvolvemento do rural traballando pola xeración de riqueza e emprego en zonas menos poboadas. “É o noso compromiso con aquelas persoas que elixen o rural como forma de vida tanto a nivel persoal como profesional. Hai moitos recursos por aproveitar no noso territorio e é noso deber estar aí para collelos e transformalos en algo útil. Segue sendo o noso propósito final: facilitar a vida ás persoas” aclara Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas.
A sustentabilidade tamén se deixa notar nunha nova instalación que contará con iluminación led e detectores de presenza en zonas comúns, murais de frío de baixo consumo ou o sistema de refrixeración baseado no uso de CO2 que evita a emisión de gases de efecto invernadoiro e tradúcese nunha sensible redución do consumo eléctrico. Grupo Cuevas repite a súa experiencia co uso de etiquetas electrónicas que reverten nun aforro en dúas direccións: na redución de consumo de papel así como no tempo que as persoas xa non teñen que dedicar ao cambio ou actualización de prezos que se realizará de forma sincronizada, automática e en tempo real.
Esta tenda moverá en total máis de 6.000 referencias de produto e dará servizo en horario ininterrompido, de luns a sábado, desde as 9.00 horas ata as 21.30 horas.
Artur Yuste, director xeral do Grupo Cuevas, reafirma o compromiso da compañía con Galicia: “A mellor contribución social que podemos realizar agora mesmo as empresas é tratar de non deternos no que a investimento refírese. Cunha análise seria e coidadosa, pero con paso firme e continuo”.