AVANZAMOS CARA A MOVILIDADE MÁIS SOSTIBLE
En Grupo Cuevas estamos comprometidos con facerlle a vida máis fácil ás persoas, e continuamos fortalecendo a nosa contribución á creación dunha rede de mobilidade sostible. No noso empeño de seguir mellorando e innovando comezamos a instalar puntos de recarga para vehículos eléctricos.
Estes puntos de recarga teñen como obxectivo principal seguir fomentando a descarbonización do transporte e para iso instaláronse 9 equipos cunha potencia de 22kw cada un. Deste xeito, poderemos dar servizo a 17 vehículos de forma simultánea. Agora mesmo, están en funcionamento ao público nas nosas tendas Cuevas Cash San Cibrao (Ourense), Cuevas Cash Tomiño (Pontevedra) e Cuevas Cash Ponferrada (León).
O servizo de recarga para os usuarios está dispoñible mediante unha APP gratuíta de IBERDROLA, a través da cal cada usuario poderá realizar o pago de forma sinxela, localizar o cargador máis próximo e consultar a súa dispoñibilidade.